Edició 2194

Els Països Catalans al teu abast

Diumenge, 28 de juliol del 2024
Edició 2194

Els Països Catalans al teu abast

Diumenge, 28 de juliol del 2024

Prespectives (en galego)

|

- Publicitat -

Copio aquí sota l’entrevista en gallec que m’han fet al Digital Praza Pública http://praza.gal/politica/10215/o-asociacionismo-galego-en-catalunya-reflexiona-sobre-o-27s/ As enquisas dan a maioría ao polo independentista, é suficiente para continuar dando pasos claros cara á independencia? O que sería estraño é que a minoría a favor do non, en deputados e de dubidosa maioría en votos, xa que hai forzas partidarias do dereito de autodeterminación, fose a que impuxese os seus obstáculos ao que decidiu a maioría en deputados e en votos. A partir do 27S, a situación será irreversible, con máis ou menos dificultades, con máis ou menos rapidez. A candidatura Junts pel Si é a de maior potencial segundo as enquisas, pero a ERC non lle reportou bos resultados presentarse en solitario? Son momentos extraordinarios de pacto para a ruptura. Os medos e lentitudes do centro-dereita en emprender a vía independentista de forma definitiva obrigaron a esquerda nacional maioritaria a exercer a súa responsabilidade neses momentos históricos. Sen un pacto transversal e interclasista oposto á oligarquía españolista e os seus aliados, o proceso encállase- “A opción Ciudadanos non significa ningún cambio no social e por contra é unha aposta ultraespañolista” Como les o auxe de Ciudadanos? É unha operación de recambio propiciada pola mesma caste que se mimetizou co réxime da Transición. Propoñen un cambio cosmético, máis de formas que de fondo, que pode servir para lavar a conciencia das capas medias que levan votando sen protestas ás forzas da corrupción PPSOE. Pero a opción Ciudadanos non significa ningún cambio no social e por contra é unha aposta ultraespañolista. A proba é a infiltración nas súas filas de xente procedente da extrema dereita Pablo Iglesias convida a Cataluña a quedar en España para botar todos xuntos a Rajoy? Ese conto é moi vello. Cataluña leva trescentos anos tentado reformar España. As revolucións e os escasos períodos progresistas acabaron sempre en contrarreforma e reacción. E agora mesmo unha forza como Podemos, que nin tan só ten a ousadía de expor a República, non é unha forza real de cambio. É outro recambio como Ciudadanos. “Unha forza como Podemos, que nin ten a ousadía de expor a República, non é unha forza real de cambio” Cres que as fórmulas que propón Catalunya Si que es Pot van por detrás do que demandan os cataláns? Si que es Pot foise desinchando como un suflé. E o de Cataluña vaille a pasar factura en España. Non se pode vir como fixo Pablo Iglesias a arrincar votos batendo coa división étnico-cultural dos cataláns en función da súa orixe. Iso nin o mesmo PSOE había tempo que non ousaba facelo de forma tan descarada. Foi un boomerang que manchou o pouco que quedaba da herdanza do PSUC en Iniciativa. Por outra banda, basear unha campaña no ataque á burguesía periférica, os seus recortes e a súa corrupción, póndoa ao mesmo nivel de responsabilidade que o capitalismo de BOE cos seus partidos PPSOE absolutamente corrompidos e que controlan un estado xacobino que é o que de verdade ten competencias e recursos económicos, é falsear o debate. Sacar a bandeira vermella para esconder a rojigualda. “Si que es Pot desinchouse como un suflé e o de Cataluña vaille pasar factura en España a Podemos” Como xulga as ameazas da banca e a Unión Europea ante a cita electoral? Unha demostración clara de a quen teme a oligarquía. Os bancos, a gran patronal, os oligopolios como Telefónica non están contra Podemos. Estan contra Junts pel Si. Que camiño debería tomar o Goberno central do Estado Español tras o 27S? Non penso dar ningún consello aos que xa considero como veciños. España en todos os procesos de descolonización reacciona tarde e mal, cando o proceso xa é irreversible. A caste española e os seus voceiros de todos os medios de comunicación nunca deixaron de ameazar, insultar e crear odio case racial contra Catalunya. E quen diga que isto é froito do independentismo recentemente maioritario, mente. Só debe dedicar un intre á hemeroteca ou ler algún do tres libros que dediquei ao tema (L’espanyolisme de la A a la Z, Os nacionalismos perigosos (en galego) e Cornuts i pagar o beure), para ver como cando Pujol representaba o colaboracionismo máis servil ao réxime, o nivel de exclusión contra o catalanismo xa era feroz. “Mas nesta candidatura é un factor necesario pero non determinante” Hai quen segue sostendo o argumento de que se enarbora a independencia para tapar outras cuestións como os recortes? Poida que Mas o faga, pero Mas nesta candidatura é un factor necesario pero non determinante. Os que din iso en cambio parece que non teñen problema en chupar roda do discurso antiindependentista dominante en mans da dereita e a extrema dereita, que é a que mantén un dos estados máis retardatarios de Europa. Menos hipocrisía!

Publicitat

Opinió

Subscriu-te al canal de WhatsApp

Minut a Minut